Programación das actividades de Nadal promocionadas por Zona Centro e o Concello de Cambados

No dia de hoxe tivo lugar a presentación da programación das actividades de Nadal 2014 que promociona Zona Centro xunto co Concello de Cambados, nas que, como non pode ser doutro xeito, os nenos son os indiscutibles protagonistas.

Dende o luns 8 de decembro e ata o día 24, levarase a cabo unha recollida de xoguetes usados para a campaña «Cada neno un xoguete».

venres 19, ás 13:00 horas, realizaremos a entrega dos premios do concurso de debuxo infantil “Postais do Nadal”, no que poden participar tódolos nenos de primaria de calquera dos centros do Concello de Cambados. Os tres mellores debuxos serán premiados cun lote de libros cada un deles, e o colexio do neno gañador recibirá un cheque regalo por importe de 200 euros.

Do mércores 24 ata o mércores 31, en horario de 16:00 a 20:00 horas, levarase a cabo un “parque de atraccións” no Salón José Peña, con entrada gratuíta para tódolos nenos, onde poderán disfrutar de inchables, touro mecánico, xogos, música, e moito mais….

sábado 27 ás 18:00 horas, no mesmo Salón de Exposición, “Os Bolechas cantan con Lady Vina”. Espectáculo gratuíto, onde os nenos disfrutarán coas aventuras destes famosos irmáns.

Mércores 31, tocará celebrar o fin de ano, e como non pode ser doutro xeito, os mais pequenos están invitados a celebrar as 12 badaladas cos lacasitos da sorte; e os maiores despediremos o ano cun escumoso das Rías Baixas. Todo elo, e se o tempo o permite, ás 12 do mediodía na Praza do Concello.

5 de xaneiro ás 12:00 horas, os Reis Magos pasarán pola Praza do Concello para recoller as derradeiras peticións dos nenos, para xa pola tarde, dende a Praza de Fefiñáns, recorrer o as principais rúas do Concello na esperada Cabalgata de Reis.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *