Presentación da campaña do Día do Pai
Cambados Zona Centro presentou hoxe a Campaña do dia do Pai. O acto estivo presidido polo secretario da asociación, Bruno Somoza, e contou coa presenza do alcalde de Cambados, Luis Aragunde, e do director da entidade bancaria La Caixa en Cambados, José Malvido Fariña.
A Campaña consiste no sorteo de 500 euros en vales compra, repartidos en 10 premios de 50 euros cada un deles, entre quenes realicen as suas compras, con motivo da celebración do día do Pai, nos establecementos asociados ata o 19 de marzo.
Para participar, os nosos clientes tan só deberán cubrir co seu nome e teléfono de contacto os boletos de participación que lles serán entregado a cada cliente ó realizar as súas compras. O sorteo realizarase o venres 27 de marzo no salón de plenos do Concello de Cambados.