Premiados na campaña de Nadal 2018

O pasado sábado día 12 de xaneiro, tivo lugar o sorteo da campaña do Nadal 2018. Cabe destacar que nesta edición a campaña celebrouse en conxunto coas restantes asociacións do Salnes, todas elas membras da federación Consorcio do Comercio do Salnes, entidade da cal a asociación Cambados Zona Centro ostenta a presidencia. Do importe total dos premios repartidos polo Consorcio, 1.400 euros corresponden a Cambados, que recaíron en:

  • Vale de 300 euros: para Cristina Monteagudo pola súa compra en Xogueterías Colorín Colorado.
  • Vale de 200 euros: para Adela, pola súa compra en Calzados Losada.
  • Vale de 200 euros: para Laura Paz Amil, pola súa compra en Seguros J. Rey.
  • Vale de 100 euros: para Paulino Alcaine, polas súas compras en Copistar.
  • Vale de 100 euros: para Mª Jesús Romero, polas súas compras en Joyería Villar.
  • Vale de 100 euros: para Rosa González Santorum polas súas compras en Librería Contos.
  • Vale de 100  euros: para Iria Oubiña, polas súas compras en La Casita de Hansell y Gretel.
  • Vale de 100 euros: para Laura Méndez González polas súas compras en Maap Informática.
  • Vale de 100 euros: para Mª José Carballo Vazquez polas compras realizadas en Traviata.
  • Vale de 100 euros: para Luis Abal Pintos polas súas compras en La Boutique del Pan.

A celebración deste acto supuxo a estrea oficial  do local cedido polo Concello de Cambados á asociación de comerciantes Cambados Zona Centro e mais ao Consorcio do Comercio do Salnés.

A entrega dos premios celebrarase o vindeiro venres día 18, ás 13:00 horas, na nova sede da asociación Cambados Zona Centro no edificio municipal da Rúa Nova, número 4.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.