Premiados en Cambados no sorteo da campaña de Nadal do Consorcio do Comercio do Salnes

Hoxe sábado día 11 de xaneiro, tivo lugar o sorteo da campaña do Nadal 2019 do Consorcio do Comercio do Salnes, que repartía entre os clientes dos establecementos asociados un total de 8000 euros en premios.

No que atañe á asociación Cambados Zona Centro, os premios ascendían a 1.400 euros, e resultaron repartidos do seguinte xeito:

–          Vale de 300 euros: para Pilar Vieites pola súa compra en Lencería Vanely.

–  Vale de 200 euros: para Mila Fernández, pola súas compras en CEPSA EESS.

–  Vale de 200 euros: para Mercedes Iglesias Pérez, pola súa compra en Traviata.

–  Vale de 100 euros: para Maria Yeni Oubiña, polas súas compras en Eroski Center.

–  Vale de 100 euros: para Mª Cruz Romero, polas súas compras en Decoraciones Silcos.

–  Vale de 100 euros: para Raquel Baños Iglesias polas súas compras en Librería Contos.

–  Vale de 100  euros: para Monica Mero, polas súas compras en Prize.

–  Vale de 100 euros: para Mercedes Cacabelos polas súas compras en Atmósfera Sport.

–  Vale de 100 euros: para Adriana Fernandez polas compras realizadas en Cativos.

–  Vale de 100 euros: para Alicia Bua Pintos por ser usuaria de Aquafit – Piscina Municipal.

A entrega dos premios celebrarase o vindeiro Mércores 15 día 18, ás 13:10 horas, na sede da asociación Cambados Zona Centro no edificio municipal da Rúa Nova, número 4.

Indicar que o premio especial do Consorcio, de 1200 euros, recaiu nun veciño de Sanxenxo, a quen lle será entregado o vindeiro sábado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *