Firma convenio Cambados Zona Centro – CaixaBank

Cambados Zona Centro asinou na tarde de onte un novo convenio de colaboración financeira e de servizos con CaixaBank para que todos os seus asociados poidan ter un abanico máis amplo de posibilidades financeiras. Con este pacto o banco pon a disposición de todas as empresas e empresarios afiliados á Cambados Zona Centro un elevado número de produtos e servizos que apoiarán tanto as necesidades financeiras das empresas como outros requisitos da súa actividade diaria.

Algunhas das vantaxes que poderán obter mediante este convenio son contas correntes sen comisións, tarxetas con bonificación en carburantes, TPVs sen custe durante os primeiros 3 meses, xestión diaria, financiamento a emprendedores, etc.

Na firma estiveron presentes Manuel Márquez Martínez, Director de Área de Pontevedra, Xose Manuel Malvido, director da sucursal de Caixabank de Cambados e Juan Ignacio Rey Rodríguez, Presidente de Cambados Zona Centro. A renovación do convenio foi levada a cabo tras a experiencia positiva de anos anteriores.

CaixaBank renova así ás iniciativas de dinamización de Cambados Zona Centro para promover a actividade comercial e empresarial no municipio.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.