Feira de Oportunidades 2016 de Cambados Zona Centro

Cambados Zona Centro presentou hoxe a súa Feira de Oportunidades 2016 que terá lugar no Paseo da Calzada os días 13,14 e 15 de agosto, en horario ininterrunpido de 11:00 a 23:00 horas.

Nesta edición participan 24 expositores, 16 de Cambados e 8 chegados desde outros concellos como Lalín, Portonovo, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa ou Boiro, que se repartirán polos 405m² destinados a exposición. A presentación da feira correu a cargo do presidente de asociación Juan Rey, que estivo acompañado polo concelleiro de Economía Xurxo Charlín.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.