Campaña de Nadal 2015

Presentaronse as actividades de Nadal 2015 que promociona Zona Centro xunto co Concello de Cambados, nas que, como non pode ser doutro xeito, os nenos son os indiscutibles protagonistas.

Dende o luns 7 de decembro e ata o día 24, levarase a cabo unha recollida de xoguetes usados para a campaña «Cada neno un xoguete».

venres 18, ás 13:00 horas, realizaremos a entrega dos premios do concurso de debuxo infantil “Postais do Nadal”, no que poden participar tódolos nenos de primaria de calquera dos centros do Concello de Cambados. Os tres mellores debuxos serán premiados cun lote de libros cada un deles, 1 vale compra de 50€ a cada colexio por participar e 1 vale compra de 50€ ao colexio do neno gañador.

Do mércores 23 ata o xoves 31, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, levarase a cabo un “parque de atraccións” no Salón José Peña, con entrada gratuíta para tódolos nenos, onde poderán disfrutar de inchables, ludoteka infanatil, xogos, música, talleres e moito mais…. Colabora nas actividades o Obradoiro de Emprego.

xoves 31, tocará celebrar o fin de ano, e como non pode ser doutro xeito, os mais pequenos están invitados a celebrar as 12 badaladas cos lacasitos da sorte ademais de cotillón, música e xogos; e os maiores despediremos o ano cun escumoso das Rías Baixas. Todo elo, e se o tempo o permite, ás 12 do mediodía na Praza do Concello (en caso de mal tempo trasladarémonos ao salón José Peña).

5 de xaneiro de 12:00 a 14:00 horas, os Reis Magos pasarán pola Praza do Concello para recoller as derradeiras peticións dos nenos, para xa pola tarde a partir das 18:00 horas, dende a Praza de Fefiñáns, recorrer o as principais rúas do Concello na esperada Cabalgata de Reis.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *