Cambados Zona Centro presentou hoxe unha nova edición da Feira de Oportunidades

Cambados Zona Centro presentou hoxe unha nova edición da feira de oportunidades que organiza cada dous anos. Será os dias 15, 16 e 17 de agosto cando no Paseo da Calzada poderemos atopar moda xove, infantil, de dona e cabaleiro, calzado, deportes, electrodomésticos e incluso unha exposición de material náutico.

A feira estará aberta ó público en horario ininterrompido de 11 da mañá a 11 da noite. Serán en total mais de 500 metros cadrados de exposición, repartidos nun total de 27 expositores, dos que a maioría deles son de Cambados, polo que se da cumprimento ó disposto na lei de comercio interior de Galicia, que sinala que ó menos 2/3 sexan do propio concello.

Contaremos deste xeito con 3 días de oportunidades, con descontos de ata o 60 e o 70 %, polo que tódolos nosos visitantes poderán realizar as súas compras a moi bos prezos.

Queremos agradecer a colaboración do Concello de Cambados, así como da Dirección Xeral de Comercio e da Deputación de Pontevedra, que volven a apostar pola celebración deste evento e polo tanto amosan a súa implicación co comercio de proximidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *