Cambados Zona Centro presentou hoxe o concurso de camisetas do Albariño 2017
A Asociación Cambados Zona Centro presentou hoxe a 10ª Edición do “CONCURSO DE CAMISETAS DA FESTA DO ALBARIÑO”, que ten por finalidade fomenta-la creatividade e a participación das persoas e grupos asistentes a festa. O acto tivo lugar no salon de plenos do Concello de Cambados e contou coa presenza de directivos da asociación e o Concelleiro de Economía, don Xurxo Charlín.
- BASES DO CONCURSO
- PARTICIPANTES.
Poderán presentarse a este concurso tódolos grupos que o desexen, non existindo ningún importe de inscrición por presentarse ó concurso. A persoa que inscribe ó grupo, e que recollerá o premio no caso de ser gañadores, debe ter como mínimo 18 anos de idade.
- TEMÁTICA.
Liberdade nos temas (parodias típicas do albariño), sen que se poida ofender de ningunha forma a calquera persoa física ou xurídica.
- INSCRIPCIÓN NO CONCURSO.
Cada grupo de participantes deberán depositar:
-
- A folla de inscrición cuberta.
- 1 camiseta, para que o xurado poida facer a valoración pertinente.
- LUGAR DE ENTREGA E DATA DE PRESENTACIÓN.
- O lugar de entrega da folla de inscrición e a camiseta é nas oficinas da Asociación, situadas na rúa Ourense nº 8 (antigos xulgados – fronte á Cafeteria Thelma) , en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- O último día para realizar a inscripción é o Venres 5 de agosto ate as 13:00 horas.
- XURADO.
O xurado estará composto pola socios e directivos da Asociación Cambados Zona Centro.
- PREMIOS.
Establécese os seguintes premios en vales compra :
1º PREMIO: 300,00 €
2º PREMIO: 200,00 €
3º PREMIO: 100,00 €
PREMIO “CIDADE EUROPEA DO VIÑO”: 100,00 €
- ENTREGA DE PREMIOS.
Este premio será entregado ó grupo gañador o sábado día 5 de agosto no Concello de Cambados as 12:30 horas, expoñendo ante os medios de comunicación as camisetas gañadoras do concurso.
- MÁIS INFORMACIÓN.
Oficinas da Asociación Cambados Zona Centro
Rúa Ourense nº 8 (antigos xulgados – fronte a Cafetería Thelma)
Horario: 9:00 a 14:00 horas.
Tlf.: (986) 52 09 02 (ext.: #742) e_mail: info@cambadoszonacentro.com