Cambados Zona Centro firma un convenio de colaboración con Miguélez & Alonso Asociados S.L. (M&A)

A asociación Cambados Zona Centro e o despacho de avogados Miguélez & Alonso Asociados, asinaron un convenio de colaboración que terá como obxecto a prestación de asesoramento xurídico por parte do despacho de avogados, ós diferentes asociados a CAMBADOS ZONA CENTRO. Formalizouse deste xeito unha iniciativa da Asociación encamiñada a proporcionar os mellores servizos e prestacións para os asociados.

Así pois, MIGUÉLEZ & ALONSO ASOCIADOS, prestarase a participar nas actividades formativas e divulgativas que leve a cabo a asociación de comerciantes e que se atopen relacionadas có ámbito xurídico.

Os beneficiarios do presente convenio serán tódolos comerciantes asociados. Deste xeito,os beneficiarios contarán entre outros cós seguintes dereitos como consultas gratuítas, telefónicas e/ou presenciais, relacionadas có ámbito profesional ou familiar en tódalas ordes xurisdiccionais, civís/mercantís, penais, administrativas; redacción, revisión e modificación de escritos e contratos; e defensa xurídica e asistencia a xuicio beneficiándose dun desconto do 20% sobre as tarifas por parte de dita empresa.

De igual modo, a empresa prestarase a colaborar coa asociación na preparación  e desempeño de actividades divulgativas e formativas tales coma charlas conferencias e xornadas de contido de actualidade xurídica e interés para os asociados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *