Cambados Zona Centro estivo representada na gala dos Premios Comercio Galego 2019

Juan Rey, presidente de Zona Centro, estivo presente na gala de entrega dos Premios Comercio Galego 2019, que distinguen aos establecementos autonómicos que na súa xestión comercial executan accións innovadoras que repercuten na fidelización e a personalización do servizo e do produto.

Nesta edición o premio a nivel autonómico recaeu na firma noyesa Lolita Moda. Por provincias foron premiadas a coruñesa Oliveirais Shoes & Bags, a luguesa Albo Zapaterías, a ourensá 4Elementos e a pontevedresa Mkkdes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *