Cambados volve celebrar as xornadas de exaltación da zamburiña
A asociación de comerciantes Zona Centro, o Concello de Cambados e a confraría San Antonio, organizan unha nova edición das xornadas gastronómicas da zamburiña que terá lugar desde mañá 30 de novembro ata o 5 de decembro.
Esta edición contará coa participación de 10 establecementos: A taberna do trasno, A casa de Miguel, Adega, A Cultural, O Pósito, Taberna de Triana, Restaurante Tío Paco, A dos Piñeiros, O Casal e a Taberna de Toñi. Todas as propostas venderanse a un prezo único de 6 euros e 12 euros se inclúe botella de albariño. O horario das xornadas será de 13 a 15 e de 20.30 a 22.30 horas.
Na organización das xornadas colabora a Deputación de Pontevedra e a depuradora Joaquín Fariña, entre outros.