Cambados repartirá manteis e posavasos entre a hostalaría para difundir a Capital Europea do Viño

O Concello de Cambados repartirá 10.000 manteis e a mesma cantidade de posavasos cun deseño especial de Cidade Europea do Viño 2017 entre o sector hostaleiro. A iniciativa, incluída dentro do convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación de Pontevedra, foi presentada polo concelleiro de Comercio, Xurxo Charlín, e o de Benestar, Tino Cordal, xunto a representantes da asociación Cambados Zona Centro.

Para facilitar a distribución, Zona Centro encargarase de repartir o material entre os seus socios, mentres que o resto de negocios hostaleiros da localidade poderán solicitar o material na oficina de turismo, que se manterá aberta durante toda a Semana Santa.

Deseño do mantel

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *