Cambados Zona Centro presenta o concurso do Día do Pai 2021 no que repartirá 150 euros en premios. Debido a situación actual COVID-19, a participación farase a través das redes sociais usando o cancelo #DíaDoPaiCambados. Para participar hai que subir unha foto co teu pai, actual ou antiga, seguida dun pe de foto cun consello que che dera teu pai nalgún momento da túa vida. As fotos teñen que ser enviadas por entre os días 15 e 19 de Marzo.

BASES CONCURSO “DÍA DO PAI”

PRIMEIRA: poderán participar todas as persoas que o desexen independentemente do concello de residencia. As persoas menores de idade terán que participar baixo a responsabilidade dunha persoa adulta, que ostentará a súa representación para todos os efectos que se deriven desde concurso.

SEGUNDA: establécense os seguintes premios:
1º premio 50 euros en vales de compra.
2º premio 50 euros en vales de compra.
3º premio 50 euros en vales de compra.

TERCEIRA: debido a situación actual COVID-19, a participación farase a través do cancelo #DíaDoPaiCambados, subindo para elo unha foto co teu pai, actual ou antiga, seguida dun pe de foto cun consello que che dera teu pai nalgún momento da túa vida. As fotos teñen que ser enviadas por entre os días 15 e 19 de Marzo.

CUARTA: o xurado composto por 8 alumnos/as do Obradoiro de dinamización de actividades de ocio e tempo libre do concello de Cambados, valorará a representatividade propia do día. Esta valoración realizarase unha vez pechada a convocatoria o 22 de Marzo ás 14:00. A súa decisión será inapelable.

QUINTA: premios:
Un premio por cada categoría dun importe de 50€ en vales de compra da Zona Centro.

SEXTA: prohíbese a participación con animais.

SÉTIMA: a relación de premios farase pública na web co Concello de Cambados o 23 de Marzo ás 12:00.

OITAVA: a participación no concurso supón a aceptación destas bases.