Bases da campaña Vales de Primavera 3×2

A Asociación de Comerciantes Cambados Zona Centro presentou hoxe a segunda edición da exitosa campaña de reactivación do comercio local que nesta ocasión leva por nome Vales de Primavera 3×2. A campaña desenrolarase entre o 26 de abril de 2021 e o 31 de maio 2021, aínda que se abre o prazo de reserva de vales a partir de mañá 15 de abril, segundo se establece nas seguintes bases.

BASES DA CAMPAÑA  VALES DE PRIMAVERA 3X2

  1. A asociación Cambados Zona Centro e o Concello de Cambados, poñen en marcha, baixo a denominación VALES DE PRIMAVERA 3X2 esta campaña, co obxectivo de contribuír á reactivación dos sectores comercial e hostaleiro de Cambados, incentivando a compra nos establecementos asociados para axudar deste xeito á superación dos efectos secundarios provocados pola pandemia provocada polo COVID-19.

 

  1. A campaña desenrolarase entre o 26 de abril de 2021 e o 31 de maio 2021.

 

  1. O Concello aportará a cantidade de 10.000 euros para a emisión de 1000 lotes de vales compra, por valor de 30 €, repartidos en tres vales compra de 10 euros cada un deles. Deste xeito, asegúrase un investimento mínimo de 30.000 euros que repercutirán directamente nos establecementos participantes na campaña.

 

  1. O custo de adquisición para os clientes será de 20 €, obtendo un valor en vales compra de 30 €, asumindo por tanto o Concello 10 euros por lote de vales compra.

 

  1. O número máximo de lotes que pode comprar un cliente é de 2.

 

  1. Os menores de 16 anos non poderán comprar vales.

 

  1. Sólo se poden agrupar un máximo de 2 lotes de vales por compra (60 Euros).

 

  1. Os clientes deberán adquirir os vales compra nos seguintes puntos de venta a partir do 26 de abril:

 

  • As oficinas da asociación Cambados Zona Centro (Rúa Nova, 4 • Telf. 986 52 09 02 #742 )
  • Seguros Juan Rey (Avda. de Vilariño, 41 • Telf. 986 54 26 86)
  • Seguros J Noval (Rúa Os Píos, 1 Baixo – esquina Rúa A Mariña • Telf. 986 07 18 51)

 

  1. Así mesmo, tamén se admitirán reservas a partir do 15 de abril a través do FORMULARIO DE RESERVA, ou no seguinte código QR:

 

  1. Se o importe da compra é inferior ao importe do vale non se devolverá efectivo. Igualmente, os vales non son cambiables por diñeiro. No caso de que se produza unha devolución o establecemento deberá emitir un vale polo importe íntegro da compra, sen cartos en efectivo.

 

  1. Os establecementos que reciban estes vales, deberán entregalos nas oficinas da asociación, SELADOS E ACOMPAÑADOS OBRIGATORIAMENTE DA COPIA DOS TICKETS OU FACTURAS DE VENDAS, para o seu abono. Sen o selo ou a copia do ticket de compra, non se fará efectivo o pago.

 

  1. A participación na campaña supón a aceptación das presentes bases.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.