Zona Centro presenta a Feira de Oportunidades 2018

A Feira de Oportunidades que organiza Zona Centro contará con novidades como expositores de náutica, roupas de auga e de salvamento, para daptarse a nova Lei de Portos, titular dos terreos donde ten lugar a feira.

A feira será desde mañá venres, 17 de agosto, ao domingo 19, en horario ininterrompido de 11 a 23 horas. Contará con 35 expositores. Alí poderanse atopar ofertas de ata un 80% en téxtil para home, muller e neno; zapatos, alimentación, deportes e un longo etcétera.

Haberá, ademais inchables na Praza do Concello, cuxa recadación será íntegra en favor de Esperanza Salnés e a súa atención a nenos con discapacidade. Na iniciativa solidaria colabora Caixabank.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *