Zona Centro presenta a campaña do Día da Nai

Cambados Zona Centro presentou hoxe a campaña do Dia da Nai 2014. Baixo o lema “Quérote Mamá” a Asociación de Comerciantes busca premiar a fidelidade do consumidor co comercio local sortenado tres vales de compra por valor de 100, 200 e 300 euros.

Poden participar no sorteo os clientes que realicen as súas compras nos establecementos adheridos a Zona Centro. O sorteo realizarase o venres 9 de maio ás 13:30 horas no salón de Plenos do Concello de Cambados.

O acto foi presentado polo presidente da Asociación Cambados Zona Centro, Juan Rey e polo primeiro tenente alcalde do Concello de Cambados, Antonio Pombo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *