Zona Centro organiza un festival solidario a prol de Esperanza Salnés

A asociación de comerciantes Cambados Zona Centro organiza o próximo 28 de decembro un festival solidario a prol de Esperanza Salnés. O acto terá lugar no Auditorio da Xuventude ás 21:00 horas, e contará coas actuacións do monologuista Pepo Suevos e o grupo cambadés Take It Easy. A entrada en taquilla ten un custe de 10 euros, 8 en venda anticipada.


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *