Zona Centro lanza a campaña «Cambados Namora»

A Asociación de Comerciantes lanza unha campaña de dinamización do comercio local chamada «Cambados Namora» que repartirá un pack romántico e unha cea para dúas persoas entre os participantes.

Para elo hai que atopar un dos carteis dos namorados que estarán nas rúas do casco histórico e facer una foto en parella para subila as redes sociais co hashtag #cambadosnamora.

A campaña foi presentada este mediodía na nova sede da asociación.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *