Quen somos?

Cambados Zona Centro é un «Centro Comercial Aberto», é dicir, somos unha agrupación espacial de establecementos comerciais, de restauración, de ocio e socioculturais que se sitúa no centro urbano de Cambados, unha zona onde mercar pode incluso chegar a confundirse co ocio, disfrutando dun entorno de calidade.

Os aspectos que definen un Centro Comercial Urbano son fundamentalmente tres: Imaxe unitaria da oferta, infraestructura urbanístico-comercial e xestión centralizada. O Centro Comercial Aberto, Cambados Zona Centro, ó estar situado no centro urbano de Cambados dispón de vida propia, é unha zona onde residen os cidadáns e por esto está totalmente integrado na poboación, permitindo ós peóns ou usuarios doutros servicios que teñan sempre visibles os establecementos e os seus escaparates.

 

Outras das vantaxes son os anos de experiencia e os coñecementos dos nosos comerciantes, pero sempre adaptando a súa oferta ós novos tempos, e como non tamén o trato máis personalizado ós clientes, e a diversidade de ofertas das que dispón por estar situado nun entorno urbano, tanto culturais, como lúdicas ou dos distintos servicios que se atopan integrados na comunidade como son a sanidade, a administración?

O que se pretende é dar unha imaxe homoxénea e de calidade gracias á posta en común de servicios, á implantación dunha imaxe corporativa e á presentación conxunta e unitaria de actividades de ocio e animación cultural.