TELÉFONO: 986 52 09 02 ext #742  //  FAX: 986 52 11 45

Menú Principal

convenio ciudad europea vino

Juan Rey, no seu papel de presidente da asociación de comerciantes Cambados Zona Centro, firmou o pasado xoves o convenio de colaboración co programa de actividades de Cambados Cidade Europea do Viño 2017. O acto, presidido pola alcaldesa Fátima Abal, contou coa presencia dos representantes de FECA (Federación de empresarios da Comarca de Arousa), Deputación Provincial de Pontevedra, Xunta de Galicia, Ruta do Viño Rías Baixas, DO. Rías Baixas e o Capítulo Serenísimo do Albariño.

 

PROPOSTA PARA A REDACCIÓN E APROBACIÓN DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN SOBRE OS EVENTOS RELATIVOS AO NOMEAMENTO DE CAMBADOS COMO CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017 E UNHA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO MESMO

 

Como todos sabemos o pasado día 04/11/2016 Cambados foi nomeada Cidade Europea do Viño 2017 gracias a un traballo previo realizado polo Departamento de Enoturismo. Esta distinción a concede RECEVIN (Rede de Cidades Europeas do Viño), que aglutina a preto de 800 cidades europeas de 11 países e conta co apoio de 3 asociacións nacionais de cidades do viño.

Os obxectivos de RECEVIN son tales como fomentar o enoturismo, impulsar e promocionar os territorios vitivinícolas, dar a coñecer todo o relativo co mundo do viño e potenciar os destinos enoturísticos. A finalidade última destos obxectivos é desarrollar e promocionar as economías locais dos territorios vitivinícolas.

Este premio debe ser entendido como un éxito colectivo de todo o pobo de Cambados, como unha oportunidade e un momento histórico para a Comarca do Salnés e para toda Galicia.

Polo tanto todos debemos sentir, vivir, e disfrutar este gran momento que vai a supoñer un gran impulso para o sector vitivinícola e para o turismo na nosa comarca. Por estos motivos dende a Concellería de Enoturismo entendemos que é necesaria a redacción e posterior aprobación dun convenio de colaboración ao cal debe convidarse a participar ás entidades públicas e privadas vinculadas ás actividades presentadas no proxecto da candidatura de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017, que, asemade, formarán parte dunha comsión de seguimento do citado convenio de colaboración.

O motivo polo cal creemos necesario a redacción e aprobación deste convenio de colaboración e da súa comisión de seguimento é o de axilizar os trámites relacionados coa organización dos eventos e o desarrollo dos mesmos. Asímesmo tamén sería un instrumento útil para que de forma coordinada e organizada, entre todos, poidamos reunir os recursos necesarios para o éxito que requiere o nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017.

Este convenio de colaboración e a súa comisión de seguimento entendemos que debería estar formada polos seguintes representantes:

 

1.- Representante de FECA (Federación de empresarios da Comarca de Arousa)

2.- Representante do Grupo Municipal do Partido Popular de Cambados.

3.- Representante do Grupo Municipal do Partido Socialista de Cambados.

4.- Representante do Grupo Municipal do BNG de Cambados.

5.- Representante do Grupo Municipal de Somos Cambados de Cambados.

6.- Representante do Grupo Municipal de Cambados Pode de Cambados.

7.- Representante da Deputación Provincial de Pontevedra.

8.- Representante da Xunta de Galicia.

9.- Representante da Mancomunidade do Salnés.

10.- Representante da Ruta do Viño Rías Baixas.

11.- Representante da D.O. Rías Baixas.

12.- Representante do Capítulo Serenísimo do Albariño.

13.- Representante da Asociación de Comerciantes Zona Centro.

Quedaría aberta a posibilidade de incorporación de novos membros que poidan xurdir próximamente mediante unha petición por escrito e aprobación da súa admisión por parte da comisión de seguimento.

O carácter desa comisión de seguimento será meramente consultivo, reservando a potestade de toma de decisións ao equipo de goberno do Concello de Cambados.

A periodicidade das xuntanzas desta comisión de seguimento será MENSUAL, tendo lugar o primeiro luns de cada mes no MUSEO DO VIÑO de Cambados.

A presidencia desta Comisión de Seguimento corresponderá ao Concelleiro Delegado no Departamento de Enoturismo do Concello de Cambados.

Polo exposto propoño se dictamine a seguinte proposta en sentido favorable e se eleve ao Pleno o seguinte acordo:

Primeiro.- Redactar e aprobar un convenio de Colaboración e unha comisión de seguimento dos eventos relativos ao nomeamento de Cambados como cidade europea do viño 2017.

Segundo.- A Comisión de Seguimento terá carácter consultivo e non vinculante, dependendo xerárquicamente do Concelleiro delegado de Enoturismo. Únicamente exercerá funcións de proposta de actuacións realacionadas cos eventos relativos ao nomeamento de Cambados como cidade europea do viño 2017 que o Presidente trasladará aos Concelleiros ou órganos competentes.

Terceiro.- Integrantes:

Presidente: O Concelleiro Delegado no Departamento de Enoturismo do Concello de Cambados

Vocais: Un representante de cada un dos seguintes grupos municipais do Concello (Partido Popular, Partido Socialista, BNG e Somos Cambados mediante escrito presentado polo correspondente voceiro. Asimesmo por un representante, da Deputación Provincial de Pontevedra, da Xunta de Galicia, da Mancomunidade do Salnés, da Ruta do Viño Rías Baixas, da D.O. Rías Baixas, do Capítulo Serenísimo do Albariño e da Asociación de Comerciantes Zona Centro, designado por eles. No caso de non proceder ao nomeamento no prazo de 15 días dende a invitación entenderase que declinan integrarse na comisión de seguimento.

Poderán incorporarse novos membros mediante unha petición por escrito e aprobación da súa admisión por parte da comisión de seguimento.

Secretario: Un traballador do Concello nomeado polo Concelleiro de Enoturismo.

Cuarto.- Réxime de sesións, funcionamento e acordos:

Sesións:

- Ordinarias: O primeiro luns de cada mes. Convocarase con 2 días hábiles de antelación.

- Extraordinarias: Como máximo de 3, a instancia do Presidente.

Para a válida constitución do órgano, a efectos da celebración de sesións, e toma de acordos, requirirase a asistencia, presencial do Presidente e Secretario ou no seu caso, de quenes os suplan, e da metade, ao menos, dos seus membros. Todos os acordos serán adoptados por maioría simple.

 

Visto o mandato do Pleno RESOLVO:

Aprobar o convenio de colaboración do concello de cambados sobre os eventos relativos ao nomeamento de Cambados como cidade europea do viño 2017 e unha comisión de seguimento do mesmo e que ten por texto o seguinte:

 

En Cambados a 18 de maio de 2017.

 

Primeiro.- Que segundo o artigo 47.1 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público son convenios os acordos con efectos xurídicos adoptados polas Administracións Públicas entre sí ou con suxeitos de dereito privado para un fin.

Segundo.- Que o que se pretende coa subscrición do presente convenio é poñer en práctica as actuacións programadas con motivo do nomeamento de Cambados como cidade europea do viño 2017, de xeito coordinado entre os distintos actores que se adhiran ao convenio facilitando a utilización conxunta de medios e servizos públicos e evitando a duplicidade de actuacións.

Cláusulas

Primeira.- Obxecto do Convenio

Regular a colaboración e a coordinación da realización da programación/eventos de Cambados como cidade europea do viño 2017.

Segunda.- Obrigas do Concello de Cambados.

Realizar os eventos programados e manter informadas ás entidades con antelación suficiente á súa celebración.

Terceira.- Obrigas das entidades colaboradoras

Asistir á comisión de seguimento e formular propostas de actuación.

Cuarta.- Compromisos económicos

A sinatura ou adhesión ao presente convenio non implica ningún compromiso económico.

Quinta.- Control e seguimento

Para o control e seguimento do cumprimento deste convenio e para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha comisión da que formarán parte un representante de cada un dos grupos municipais do Concello de Cambados, o Presidente da Mancomunidade do Salnés o persoa en quen delegue e un representante de cada unha das entidades que se adhiran ao presente convenio. Actuará como Presidente José Ramón Abal Varela (Concelleiro Delegado no Departamento de Enoturismo do Concello de Cambados).

Réxime de sesións, funcionamento e acordos:

Sesións:

- Ordinarias: O primeiro luns de cada mes. Convocarase con 2 días hábiles de antelación.

- Extraordinarias: Como máximo de 3, a instancia do Presidente.

Para a válida constitución do órgano, a efectos da celebración de sesións, e toma de acordos, requirirase a asistencia, presencial do Presidente e Secretario ou no seu caso, de quenes os suplan, e da metade, ao menos, dos seus membros. Todos os acordos serán adoptados por maioría simple.

 

A Comisión de seguimento terá ademáis funcións de consulta e proposa de actuacións.

 

Sexta.- Adhesión de novos membros

Poderán incorporarse novos membros mediante unha petición por escrito e aprobación da súa admisión por parte da comisión de seguimento. Cursarase invitación ás seguintes entidades quenes deberán designar a un representante na comisión de seguimento:

  1. FECA (Federación de empresarios da Comarca de Arousa)
  2. Deputación Provincial de Pontevedra.
  3. Xunta de Galicia.
  4. Ruta do Viño Rías Baixas.
  5. O. Rías Baixas.
  6. Capítulo Serenísimo do Albariño.
  7. Asociación de Comerciantes Zona Centro.

Sétima.- Resolución

Son causas de resolución as establecidas no artigo 51.2 da Lei 40/2015 (RXSP)

 

Sétima.- Vixencia

Dende a sinatura do convenio ou adhesión ata o 31 de decembro de 2017.

Como proba de conformidade asinan este Convenio por duplicado exemplar no lugar e data indicados.

sorteo primavera

Zona Centro celebrou hoxe o sorteo da campaña promocional de Primavera 2017. A entrega dos premios realizarase o vindeiro martes 16 ás 13:00 horas no salón de Plenos do Concello de Cambados. Os premiados nesta ocasión foron:

- Vales de compra de 100 Euros para:

  • -Mar Otero polas súas compras en “Calzados Losada”
  • -Irene Abal Cousido polas súas compras en “Abiti Moda”
  • -Saul Mondragón Martínez polas súas compras en “Casa Mariñeira Lourdes”
  • -Cristina Santos Paz polas súas compras en “Supermercados Eroski”
  • -Laura Sansonne Serantes polas súas compras en “Confitería Saremi”

- Vales compra de 200 Euros para:

  • -Yolanda Piñeiro Prado polas súas compras en “Librería Castelao”
  • -Rous David Garrido polas súas compras en “B´a la Moda”

- Vale compra de 300 Euros a:

  • -Larua Muñiz Vieites polas súas compras en “Librería Castelao”

- Cea para 2 persoas (100 euros) a:

  • -Fátima Da Silva polas súas compras en “Laralarita”

xornada augardentes licores tradicionais galicia

Organizado pola asociación Cambados Zona Centro en colaboración co Concello de Cambados, ofrecerase unha degustación dos destilados de calidade e orixe galegos.

O Salón de Congresos e Exposicións José Peña de Cambados acollerá o próximo xoves 27 de abril a Xornada Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. A cita, organizada de modo conxunto polo Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, e a asociación de empresarios Cambados Zona Centro en colaboración co Concello cambadés, comezará ás 17.00 horas.

A sesión estará dirixida pola vogal do Consello Regulador e enóloga, Sonia Otero, quen explicará aos asistentes as cualidades diferenciadoras dos destilados galegos coa Indicación Xeográfica e de calidade certificada. A asistencia a cita é totalmente gratuíta e realizarase por orden de inscrición, dado o número limitado de plazas. A reserva poderase formalizar cun correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou a través do teléfono 986 520 902 (ext. #742).

Esta actividade englobase dentro do programa anual de promoción do Consello Regulador. A través das diversas catas e sesións formativas, búscase concienciar a profesionais e consumidores sobre a importancia de consumir destilados debidamente etiquetados. O mesmo tempo, infórmase sobre as funcións deste ente e os procesos de calidade aos que se someten Augardentes e Licores de Galicia.

promo hosteleria ciudad del vino 1

O Concello de Cambados repartirá 10.000 manteis e a mesma cantidade de posavasos cun deseño especial de Cidade Europea do Viño 2017 entre o sector hostaleiro. A iniciativa, incluída dentro do convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación de Pontevedra, foi presentada polo concelleiro de Comercio, Xurxo Charlín, e o de Benestar, Tino Cordal, xunto a representantes da asociación Cambados Zona Centro.

Para facilitar a distribución, Zona Centro encargarase de repartir o material entre os seus socios, mentres que o resto de negocios hostaleiros da localidade poderán solicitar o material na oficina de turismo, que se manterá aberta durante toda a Semana Santa.

Deseño do mantel

Deseño do posavasos