TELÉFONO: 986 52 09 02 ext #742  //  FAX: 986 52 11 45

Menú Principal

 

 

A asociación Cambados Zona Centro presentou unha nova campaña campaña, que, con motivo da celebración do Dia do Nai se vai a levar a cabo entre os establecementos asociados. Durante os vindeiro dias, polas compras realizadas nos nosos establecementos asociados ata o 1 de maio, os clientes poderán participar no sorteo dos seguintes premios:

       - 1 VALE COMPRA de 200 € a canxear nos establecementos asociados.

       - 2 VALES COMPRA de 100 € a canxear nos establecementos asociados.

       - 3 VALES COMPRA de 50 € a canxear nos establecementos asociados.

Ademais tamén poderan participar e gañar 1 VALE COMPRA DE 50 € a traves da páxina do Facebook simplemente con darlle o boton "Me Gusta" e "Compartir" públicamente o post da campaña.

 

Facebook: Cambados Zona Centro.

 

Hoxe mercores 23 de marzo tivo lugar no Salon de Plenos do Concello de Cambados o sorteo dos VALES COMPRA valorados en 600 € dentro da Campaña do Nadal 2015 organizada por Cambados Zona Centro. Ao mesmo asistiron Dna Fátima Abal, Alcaldesa do Concello e D. Bruno Somoza, secretario de Cambados Zona Centro.


Os gañadores foron:

VALE de 200 €: Dna. Patricia Meis que fixo a súa compra en Libreria Nobel.

VALE de 100 €: D. Paco Silva por usar os servizos de Perruquería Charo García.

VALE de 100 €: Dna. AVelina Otero por usar os servizos de Perruquería Diamond.

VALE de 50 €: Dna. Isabel Martinez que fixo a súa compra en Calzados Losada.

VALE de 50 €: Dna. Silvia Fariña Reboredo que fixo a súa compra en DMercedes Moda.

VALE de 50 €: Dna. Mª Paz Riobó que fixo a súa compra en Atmosfera Sport.

Ademais, por compartir públicamente o post que colgamos na nosa páxina de Facebook, resultou gañador o seguinte perfil:

VALE de 50 €:  Rossi Otero

 

Enhoraboa a tod@s ¡¡¡¡¡

 

 

 

Cambados Zona Centro presenta esta campaña de cara a celebración do Dia do Pai na que, polas compras feitas nos nosos establecementos asociados ata o 23 de marzo, os clientes participaran nun sorteo no que poderan gañar os seguintes premios:

- 1 VALE COMPRA de 200 € a canxear nos establecementos asociados.

- 2 VALES COMPRA de 100 € a canxear nos establecementos asociados.

- 3 VALES COMPRA de 50 € a canxear nos establecementos asociados.

Ademais tamén poderan participar e gañar 1 VALE COMPRA DE 50 € a traves da páxina do Facebook simplemente con darlle o boton "Me Gusta" e "Compartir" públicamente o post da campaña.

Facebook: Cambados Zona Centro



 

 

Cambados Zona Centro asinou na tarde de onte un novo convenio de colaboración financeira e de servizos con CaixaBank para que todos os seus asociados poidan ter un abanico máis amplo de posibilidades financeiras. Con este pacto o banco pon a disposición de todas as empresas e empresarios afiliados á Cambados Zona Centro un elevado número de produtos e servizos que apoiarán tanto as necesidades financeiras das empresas como outros requisitos da súa actividade diaria.

Algunhas das vantaxes que poderán obter mediante este convenio son contas correntes sen comisións, tarxetas con bonificación en carburantes, TPVs sen custe durante os primeiros 3 meses, xestión diaria, financiamento a emprendedores, etc.

Na firma estiveron presentes Manuel Márquez Martínez, Director de Área de Pontevedra, Xose Manuel Malvido, director da sucursal de Caixabank de Cambados e Juan Ignacio Rey Rodríguez, Presidente de Cambados Zona Centro. A renovación do convenio foi levada a cabo tras a experiencia positiva de anos anteriores.

CaixaBank renova así ás iniciativas de dinamización de Cambados Zona Centro para promover a actividade comercial e empresarial no municipio.