TELÉFONO: 986 52 09 02 ext #742  //  FAX: 986 52 11 45

Menú Principal

convenio legal zona centro 1

A asociación Cambados Zona Centro e o despacho de avogados Miguélez & Alonso Asociados, asinaron un convenio de colaboración que terá como obxecto a prestación de asesoramento xurídico por parte do despacho de avogados, ós diferentes asociados a CAMBADOS ZONA CENTRO. Formalizouse deste xeito unha iniciativa da Asociación encamiñada a proporcionar os mellores servizos e prestacións para os asociados.

Así pois, MIGUÉLEZ & ALONSO ASOCIADOS, prestarase a participar nas actividades formativas e divulgativas que leve a cabo a asociación de comerciantes e que se atopen relacionadas có ámbito xurídico.

Os beneficiarios do presente convenio serán tódolos comerciantes asociados. Deste xeito,os beneficiarios contarán entre outros cós seguintes dereitos como consultas gratuítas, telefónicas e/ou presenciais, relacionadas có ámbito profesional ou familiar en tódalas ordes xurisdiccionais, civís/mercantís, penais, administrativas; redacción, revisión e modificación de escritos e contratos; e defensa xurídica e asistencia a xuicio beneficiándose dun desconto do 20% sobre as tarifas por parte de dita empresa.

De igual modo, a empresa prestarase a colaborar coa asociación na preparación  e desempeño de actividades divulgativas e formativas tales coma charlas conferencias e xornadas de contido de actualidade xurídica e interés para os asociados.

convenio legal zona centro 1

O Presidente do Consello Regulador das Indicacións e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, Jose Antonio Feijoo, xunto co Concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, e o Presidente da asociación Cambados Zona Centro, Juan Rey, desvelaron hoxe os pinchos gañadores en cada unha das categorías (doce e salgado) do concurso Pinchos de Outono que se celebrou en Cambados o pasado fin de semana.

Gañadores da categoría pincho dulce:

  • 1º Parador de Cambados:             Bocados de canela e licor cafe
  • 2º Ribeira de Fefiñáns:                   Biscoito borracho de licor café con pistacho
  • 3º A Casa de Migule:                       Mazá con corazón de augardente de licor café

 

Gañadores da categoría pincho salado:

  • 1º Ribeira de Fefiñáns:                   Ravioli de ravo de tenreira con augardente de herbas
  • 2º A dos Piñeiros:                             Bombas de gambas ao augardente blanco
  • 3º A Fonte do Viño:                         Pepa “salatto”

pinchos outono p

O domingo día 6, ás 11:45 horas, no Salón José Peña de Cambados, o Presidente  do Consello Regulador das Indicacións e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, Jose Antonio Feijoo, xunto co Concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, e o Presidente da asociación Cambados Zona Centro, Juan Rey, serán os os encargados de desvelarnos os pinchos gañadores en cada unha das categorías: (doce e salgado).

 
 

Namentres,  levouse a cabo o sorteo dos diferentes premios entre os clientes participantes. Deste xeito, os gañadores dos premios foron os seguintes:

 
 
  • Lotes de produtos cedidos polo Consello Regulador das Indicacións e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia:

  • Cristina Piñeiro Tomas

  • Rosa Gonzalez Aren

  • Nieves Fiel Paz

 
  • Bonos para ceas degustación en cada un dos locais participantes:

  • Sandra Ventura Iglesias

  • Carlos Jimenez Orlando

  • Soledad González

  • Rocío Ferreiro Fernández

  • Elena Castroagudín

  • Alberto Escariz

  • Carlos Falcón Oubiña

  • Manuel Costas Castroagudín

  • Rosa Fiel Paz

 
  • Vale compra da asociación Cambados Zona Centro por importe de 120 euros:

  • Rosa Millán Galiñanes

 
 

Os premiados poderán recoller o seu premio o vindeiro domingo no Salón José Peña.

 
 

pinchos outono pr

Cambados Zona Centro presentou hoxe a campaña Pinchos de Outono, que se vai a celebrar en Cambados do 21 o 23 de outubro e do 28 o 30 do mesmo mes.

Pinchos de Outono contará coa participación de nove establecementos hostaleiros: A Casa de Miguel, A Dos Piñeiros, A Fonte do Viño, A Taberna do Trasno, Casa Catalina, O Casal, O Pósito, Parador de Cambados, Ribeira de Fefiñáns. Os pinchos terán un custe de 1 euro.

Os clientes que participen nesta campaña entrarán no sorteo de de 3 lotes do Consello Regulador das Indicacións das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, así como bonos para ceas degustación en cada un dos establecementos participantes. Ademais, entrarán nun sorteo de 20 euros en vales de compra por cada local visitado polo ganador, que pode ser gastado en calquera dos establecementos asociados a Cambados Zona Centro.