TELÉFONO: 986 52 09 02 ext #742  //  FAX: 986 52 11 45

Menú Principal

pinchos outono p

O domingo día 6, ás 11:45 horas, no Salón José Peña de Cambados, o Presidente  do Consello Regulador das Indicacións e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, Jose Antonio Feijoo, xunto co Concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, e o Presidente da asociación Cambados Zona Centro, Juan Rey, serán os os encargados de desvelarnos os pinchos gañadores en cada unha das categorías: (doce e salgado).

 
 

Namentres,  levouse a cabo o sorteo dos diferentes premios entre os clientes participantes. Deste xeito, os gañadores dos premios foron os seguintes:

 
 
  • Lotes de produtos cedidos polo Consello Regulador das Indicacións e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia:

  • Cristina Piñeiro Tomas

  • Rosa Gonzalez Aren

  • Nieves Fiel Paz

 
  • Bonos para ceas degustación en cada un dos locais participantes:

  • Sandra Ventura Iglesias

  • Carlos Jimenez Orlando

  • Soledad González

  • Rocío Ferreiro Fernández

  • Elena Castroagudín

  • Alberto Escariz

  • Carlos Falcón Oubiña

  • Manuel Costas Castroagudín

  • Rosa Fiel Paz

 
  • Vale compra da asociación Cambados Zona Centro por importe de 120 euros:

  • Rosa Millán Galiñanes

 
 

Os premiados poderán recoller o seu premio o vindeiro domingo no Salón José Peña.

 
 

pinchos outono pr

Cambados Zona Centro presentou hoxe a campaña Pinchos de Outono, que se vai a celebrar en Cambados do 21 o 23 de outubro e do 28 o 30 do mesmo mes.

Pinchos de Outono contará coa participación de nove establecementos hostaleiros: A Casa de Miguel, A Dos Piñeiros, A Fonte do Viño, A Taberna do Trasno, Casa Catalina, O Casal, O Pósito, Parador de Cambados, Ribeira de Fefiñáns. Os pinchos terán un custe de 1 euro.

Os clientes que participen nesta campaña entrarán no sorteo de de 3 lotes do Consello Regulador das Indicacións das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, así como bonos para ceas degustación en cada un dos establecementos participantes. Ademais, entrarán nun sorteo de 20 euros en vales de compra por cada local visitado polo ganador, que pode ser gastado en calquera dos establecementos asociados a Cambados Zona Centro.

 

premio joyeria villar 2

A Federación Galega de Comercio celebrou a pasada semana no Auditorio da Afundación en Vigo un acto no que, entre outros, distinguiuse a un dos nosos asociados, Joyería Villar, polos seus mais de 135 anos de historia asociada ao comercio local e, como non podería ser doutra forma, á vida social da nosa vila.

Dende aquí queremos trasladar os nosos parabéns, a Carlos e Santiago Villar, bisnetos do fundador e continuadores dunha saga, que aló polo ano 1880 abriu o seu primeiro establecemento na rúa Rua  Real, preto da Praza de Fefiñans.

 

Ler máis...  

No día de hoxe, a asociación Cambados Zona Centro fixo entrega do importe recadado durante a celebración da feira de oportunidades 2016 cos inchables que se colocaron durante a celebración  do referido evento celebrado os pasados días 13, 14 e 15 de agosto, no Paseo da Calzada.

En total recadáronse 979,00 euros, que o presidente da asociación Juan Rey fixo entrega ao xerente da Asociación de Axuda a Discapacitados “Esperanza Salnés”, Augusto Chaves.

O presidente de Cambados Zona Centro quere resaltar o compromiso do comercio e hostalería cambadesa coas diferentes asociacións do noso concello, e en especial con Esperanza Salnés, non en van, tódolos anos, con motivo da celebración da tradicional cea de Nadal da asociación, apórtanse 5 euros de cada cuberto, en concepto de donativo, este colectivo.

O xerente de Esperanza Salnes, Augusto Chaves, quixo agradecer á asociación este xesto que se suma aos realizados por diferentes asociacións do Salnés ao longo deste verán, e que se ben non solucionan os problemas económicos de Esperanza Salnés, si é certo supoñen un pequeno alivio para as súas arcas.