TELÉFONO: 986 52 09 02 ext #742  //  FAX: 986 52 11 45

Menú Principal

foto alumbrado navidad

Cambados Zona Centro presentou a súa campaña de Nadal na que repartirá 1.300 euros en vales de 500, 300, 200, 100 e 50 euros, que deberán ser gastados nos establecementos asociados. Cada comercio disporá de 200 boletos que repartirá entre os seus clientes co límite de cinco por compra. Estes deberán cubrilos cos seus datos persoais para poder así entrar no sorteo que se celebrará en xaneiro do 2017.

Zona Centro e Concello de Cambados presentaron o programa de actividades lúdicas e culturais para este Nadal en Cambados. O programa arrincou onte co inicio da campaña de recollida de xoguetes usados «Cada neno un xoguete».

 

cartel cada neno un xoguete

Calendario laboral do ano 2017 elaborado pola asociación Cambados Zona Centro.

 

Calendario laboral 2017

desfile zona centro

No dia de hoxe tivo lugar a presentación da 2ª edición do desfile de outono organizado pola asociación de comerciantes Cambados Zona Centro, que se celebrará o vindeiro domingo 27 de novembro ás 18:00 horas no Salón de exposicións J.Peña, o cal contará cunha ampla representación do comercio local, no que os comerciantes asociados presentarán as últimas tendencias en moda infantil, moda home e muller, moda deportiva, calzado, lencería, complementos e perruquería.

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES

MODA INFANTIL:

  • Laralarita
  • Parruliños

MODA:

  • Abiti Moda
  • Atmósfera Sport
  • Deportes Piñeiro
  • Kaau’s
  • El Rincón de Lizzbeth
  • Orza Náutica
  • Mimode
  • Entredos-Garupa
  • Lencería Vanely
  • Lencería Siana

CALZADO Y COMPLEMENTOS:

  • Eva Rey Shoes
  • Calzados Losada
  • Librería Contos

PERRUQUERÍAS:

  • Perruquería Conchi Vázquez
  • Perruquería Estonllo

FLORISTERÍAS:

·         Aromas de Leyenda

convenio legal zona centro 1

A asociación Cambados Zona Centro e o despacho de avogados Miguélez & Alonso Asociados, asinaron un convenio de colaboración que terá como obxecto a prestación de asesoramento xurídico por parte do despacho de avogados, ós diferentes asociados a CAMBADOS ZONA CENTRO. Formalizouse deste xeito unha iniciativa da Asociación encamiñada a proporcionar os mellores servizos e prestacións para os asociados.

Así pois, MIGUÉLEZ & ALONSO ASOCIADOS, prestarase a participar nas actividades formativas e divulgativas que leve a cabo a asociación de comerciantes e que se atopen relacionadas có ámbito xurídico.

Os beneficiarios do presente convenio serán tódolos comerciantes asociados. Deste xeito,os beneficiarios contarán entre outros cós seguintes dereitos como consultas gratuítas, telefónicas e/ou presenciais, relacionadas có ámbito profesional ou familiar en tódalas ordes xurisdiccionais, civís/mercantís, penais, administrativas; redacción, revisión e modificación de escritos e contratos; e defensa xurídica e asistencia a xuicio beneficiándose dun desconto do 20% sobre as tarifas por parte de dita empresa.

De igual modo, a empresa prestarase a colaborar coa asociación na preparación  e desempeño de actividades divulgativas e formativas tales coma charlas conferencias e xornadas de contido de actualidade xurídica e interés para os asociados.

convenio legal zona centro 1