TELÉFONO: 986 52 09 02 ext #742  //  FAX: 986 52 11 45

Menú Principal

mostra camelia

Cambados Zona Centro colabora coa I Mostra Internacional da Camelia, que terá lugar este fin de semana, e na que participan uns vinte expositores, que competirán polo premio Cambados Cidade da Camelia de Ouro, ademáis de outros premios para cada unha das variedades: reticulatas, japónicas, híbridas, etc.

Entre as actividades organizadas destacan unha comida oficial, talleres e contacontos para nenos e a música en directo da intérprete de soul Iria Mejuto. A programación foi prentada polo concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño acompañado polo presidente da Asociación Ibérica da Camelia, o cambadés José María Mouta.

No día de hoxe levouse a cabo o sorteo da campaña Namorados 2017 sendo os premiados os que seguen:

  • - Irene González, à Conxunto de pulseira home e muller “LOTUS” (cedido por Xoiería Fariña)
  • - Inma Sayar à Pulseira home e gargantilla muller “VICEROY” (cedido por Xoiería Enrique).
  • - María Dolores Torres Millán à Conxunto de cadea e colgante “Corazón partido” en prata de lei, (cedido por Xoiería Villar).
  • - Belen Leiro à Parella de reloxos home e muller “CASIO” (cedidos por Xoiería David).
  • - Irma Meis à 1 cea para dúas persoas en calquera dos establecementos hostaleiros asociados.

consorcio salnes

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu esta mañá no seu despacho ao novo presidente do Consorcio de Comercio do Salnés, Juan Rey. O novo representante desta agrupación acudiu acompañado do xerente da Asociación de Comerciantes Cambados Zona Centro, Javier Paz, así como do seu secretario, Bruno Somoza.

Juan Rey converteuse recentemente en presidente do Consorcio do Salnés, tras presidir durante varios anos a Asociación Cambados Zona Centro. “O obxectivo desta visita foi presentarnos ante o delegado territorial e darlle a coñecer as novas iniciativas que desexamos poñer en marcha nos próximos meses”, explicou o presidente da entidade.

De feito, trasladáronlle a José Manuel Cores Tourís o novo proxecto no que está traballando o Consorcio do Salnés e que ten como obxectivo impulsar o comercio nesta comarca a través do turismo, “xa que estamos a falar dun dos principais reclamos e valores dos concellos deste área que, contan, ademais, cunha grande riqueza paisaxística e histórica, ao que se debe unir tamén as múltiples festas declaradas de interese turístico que existen”.

Segundo apuntou o novo presidente do Consorcio, “se a todo o anterior lle sumamos unha hostalería de calidade e un comercio potente, estamos seguros de poder competir con outras comarcas como destino turístico, o cal redundará nunha mellora económica para o conxunto da poboación”.

O Consorcio de Comercio do Salnés é unha federación constituída polas diferentes asociacións de comerciantes desta comarca pontevedresa que é unha das máis dinámicas da provincia. “Dos nove concellos que a conforman, oito contan con asociacións de comerciantes, pertencendo todos eles a esta federación”, explicou Juan Rey.

Esta entidade está composta por Emgrobes, Cambados Zona Centro, Zona Aberta, Vilanova Centro, O Corazón de Meaño, Asociación de Empresarios da Illa de Arousa, Asociación Profesional de Comerciantes de Ribadumia e Entretendas de Sanxenxo.

As súas principais funcións e obxectivos son a revitalización da comarca en materia comercial, hostaleira e de servizos, así como a modernización e profesionalización dos diferentes sectores, o fomento da compra no comercio de proximidade e a defensa das asociacións que o conforman.

 

namorados 2017

Hoxe mércores, ás 12:30 horas, tivo lugar a presentación da campaña do día dos Namorados, que con tal motivo vai levar adiante a asociación de comerciantes Cambados Zona Centro durante os vindeiros días. 

A campaña foi presentada polos directivos da asociación Cambados Zona Centro, Bruno Somoza e Mariana Lorenzo, xunto co Concelleiro de Económía Xurxo Charlín.

Na presente edición, a asociación sorteará entre tódolos seus clientes: 

  • - Conxunto de pulseira home e muller “LOTUS” (cedido por Xoiería Fariña).
  • - Pulseira home e gargantilla muller “VICEROY” (cedido por Xoiería Enrique).
  • - Conxunto de cadea e colgante “Corazón partido” en prata de lei, (cedido por Xoiería Villar).
  • - Parella de reloxos home e muller “CASIO” (cedidos por Xoiería David).
  • - 1 cea para dúas persoas en calquera dos establecementos hostaleiros asociados.

O sorteo realizarase venres 17 ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello.