TELÉFONO: 986 52 09 02 ext #742  //  FAX: 986 52 11 45

Menú Principal

consorcio salnes

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu esta mañá no seu despacho ao novo presidente do Consorcio de Comercio do Salnés, Juan Rey. O novo representante desta agrupación acudiu acompañado do xerente da Asociación de Comerciantes Cambados Zona Centro, Javier Paz, así como do seu secretario, Bruno Somoza.

Juan Rey converteuse recentemente en presidente do Consorcio do Salnés, tras presidir durante varios anos a Asociación Cambados Zona Centro. “O obxectivo desta visita foi presentarnos ante o delegado territorial e darlle a coñecer as novas iniciativas que desexamos poñer en marcha nos próximos meses”, explicou o presidente da entidade.

De feito, trasladáronlle a José Manuel Cores Tourís o novo proxecto no que está traballando o Consorcio do Salnés e que ten como obxectivo impulsar o comercio nesta comarca a través do turismo, “xa que estamos a falar dun dos principais reclamos e valores dos concellos deste área que, contan, ademais, cunha grande riqueza paisaxística e histórica, ao que se debe unir tamén as múltiples festas declaradas de interese turístico que existen”.

Segundo apuntou o novo presidente do Consorcio, “se a todo o anterior lle sumamos unha hostalería de calidade e un comercio potente, estamos seguros de poder competir con outras comarcas como destino turístico, o cal redundará nunha mellora económica para o conxunto da poboación”.

O Consorcio de Comercio do Salnés é unha federación constituída polas diferentes asociacións de comerciantes desta comarca pontevedresa que é unha das máis dinámicas da provincia. “Dos nove concellos que a conforman, oito contan con asociacións de comerciantes, pertencendo todos eles a esta federación”, explicou Juan Rey.

Esta entidade está composta por Emgrobes, Cambados Zona Centro, Zona Aberta, Vilanova Centro, O Corazón de Meaño, Asociación de Empresarios da Illa de Arousa, Asociación Profesional de Comerciantes de Ribadumia e Entretendas de Sanxenxo.

As súas principais funcións e obxectivos son a revitalización da comarca en materia comercial, hostaleira e de servizos, así como a modernización e profesionalización dos diferentes sectores, o fomento da compra no comercio de proximidade e a defensa das asociacións que o conforman.

 

namorados 2017

Hoxe mércores, ás 12:30 horas, tivo lugar a presentación da campaña do día dos Namorados, que con tal motivo vai levar adiante a asociación de comerciantes Cambados Zona Centro durante os vindeiros días. 

A campaña foi presentada polos directivos da asociación Cambados Zona Centro, Bruno Somoza e Mariana Lorenzo, xunto co Concelleiro de Económía Xurxo Charlín.

Na presente edición, a asociación sorteará entre tódolos seus clientes: 

  • - Conxunto de pulseira home e muller “LOTUS” (cedido por Xoiería Fariña).
  • - Pulseira home e gargantilla muller “VICEROY” (cedido por Xoiería Enrique).
  • - Conxunto de cadea e colgante “Corazón partido” en prata de lei, (cedido por Xoiería Villar).
  • - Parella de reloxos home e muller “CASIO” (cedidos por Xoiería David).
  • - 1 cea para dúas persoas en calquera dos establecementos hostaleiros asociados.

O sorteo realizarase venres 17 ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello.

entrega premios nadal

No dia de hoxe fíxose entrega dos premios da Campaña do Nadal 2016. Como ven recordaredes os premiados foron os seguintes: 

  • -          Vale de 500 euros: Lucia Vazquez Corbacho pola sua compra en Mi Trocito del Pastel.
  • -          Vale de 300 euros: para Irene Rodríguez Piñeiro, pola súa compra en Parruliños.
  • -          Vale de 200 euros: para Carmen Lema Márquez pola súa compra en Classic Complementos.
  • -          Vale de 100 euros: para Mónica Lorenzo Oubiña polas súas compras en El Rincón de Lizzbeth.
  • -          Vale de 100 euros: para Roberto Outeda Vieites polas súas compras en Milar Coelsa.
  • -          Vale de 50 euros: para Paco López Lago por ser cliente de Bar Laya.
  • -          Vale de 50 euros: para Brais Mosteiro Núñez polas súas compras en Xoiería Enrique.

sorteo nadal

No dia de hoxe levouse a cabo o sorteo da campaña Nadal 2016, que nesta edición acadabou os 1.300 euros en premios. Os gañadores foron:

  • - Vale de 500 euros: Lucia Vazquez Corbacho pola sua compra en Mi Trocito del Pastel.
  • - Vale de 300 euros: para Irene Rodríguez Piñeiro, pola súa compra en Parruliños.
  • - Vale de 200 euros: para Carmen Lema Márquez pola súa compra en Classic Complementos.
  • - Vale de 100 euros: para Mónica Lorenzo Oubiña polas súas compras en El Rincón de Lizzbeth.
  • - Vale de 100 euros: para Roberto Outeda Vieites polas súas compras en Milar Coelsa.
  • - Vale de 50 euros: para Paco López Lago por ser cliente de Bar Laya.
  • - Vale de 50 euros: para Brais Mosteiro Núñez polas súas compras en Xoiería Enrique. 

No sorteo celebrado no salón de plenos do concello asistiron a directiva da asociación Mariana Lorenzo, e mais a Alcaldesa do Concello de Cambados Fatima Abal, que estiveron acompañadas polos concelleiros Victor Caamaño e Xurxo Charlin. A entrega dos vales realizarémola o vindeiro luns día 16 ás 13:00 horas no salón de plenos do Concello.