TELÉFONO: 986 52 09 02 ext #742  //  FAX: 986 52 11 45

Menú Principal

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Asociación Cambados Zona Centro, en adiante o prestador, informa aos usuarios do sitio web sobre a súa política respecto do tratamento e protección dos datos de carácter persoal dos usuarios e clientes que poidan ser solicitados pola navegación ou contratación de servizos a través do seu sitio web.

Neste sentido, o prestador garante o cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, reflectida na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e no Real Decreto 1720/2007, de 21 decembro, polo que se aproba o Regulamento de Desenvolvemento da LOPD.

O uso desta web implica a aceptación desta política de privacidade.

 

RECOLLIDA, FINALIDADE E TRATAMENTO DE DATOS

O prestador ten o deber de informar aos usuarios do seu sitio web acerca da recollida de datos de carácter persoal que poden levar a cabo, ben sexa mediante o envío de correo electrónico ou ao cumprimentar os formularios incluídos no sitio web. Neste sentido, o prestador será considerado como responsable dos datos solicitados mediante os medios anteriormente descritos.

Á súa vez o prestador informa aos usuarios de que a finalidade do tratamento dos datos solicitados contempla: A atención de solicitudes realizadas polos usuarios, a inclusión na axenda de contactos, a prestación de servizos, a xestión da relación comercial e outras finalidades. As operacións, xestións e procedementos técnicos que se realicen de forma automatizada ou non automatizada e que posibiliten a recollida, o almacenamento, a modificación, a transferencia e outras accións sobre datos de carácter persoal, teñen a consideración de tratamento de datos persoais.

Todos os datos persoais, que sexan recollidos a través do sitio web do prestador, e por tanto teña a consideración de tratamento de datos de carácter persoal, serán incorporados nos ficheiros declarados ante a Axencia Española de Protección de Datos pola Asociación Cambados Zona Centro.

 

COMUNICACIÓN DE INFORMACIÓN A TERCEIROS

O prestador informa os usuarios de que os seus datos persoais non serán cedidos a terceiras organizacións, coa excepción de que dita cesión de datos este amparada nunha obrigación legal ou cando a prestación dun servizo implique a necesidade dunha relación contractual cun encargado de tratamento. Neste último caso, só levará a cabo a cesión de datos ao terceiro cando o prestador dispoña do consentimento expreso do usuario.



DEREITOS DOS USUARIOS

A Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal concede aos interesados a posibilidade de exercer unha serie de dereitos relacionados co tratamento dos seus datos persoais.

Sempre que os datos do usuario son obxecto de tratamento por parte do prestador, os usuarios poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de acordo co previsto na normativa legal vixente en materia de protección de datos persoais.

Para facer uso do exercicio destes dereitos, o usuario deberá dirixirse mediante comunicación escrita, achegando documentación que acredite a súa identidade (DNI ou pasaporte), á seguinte dirección: Asociación Cambados Zona Centro, Rúa Ourense,8, 36630, Cambados, Pontevedra, a dirección que sexa substituída no Rexistro Xeral de Protección de Datos, ou mediante o correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Dita comunicación deberá reflectir a seguinte información: Nome e apelidos do usuario, a petición de solicitude, o domicilio e os datos acreditativos.

O exercicio de dereitos deberá ser realizado polo propio usuario. No entanto, poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal. En tal caso, deberase achegar a documentación que acredite esta representación do interesado.