II Mostra Internacional da Camelia

A Asociación Ibérica da Camelia, en colaboración coa Asociación de Comerciantes Zona Centro e o Concello de Cambados, organizan a segunda edición da Mostra Internacional da Camelia, que se vai a celebrar no Salón de Congresos José Peña de Cambados os días 3 e 4 de marzo.

O programa conta con varios obradoiros e unha visita guiada a cargo de Guimatur. A entrega de premios terá lugar o domingo 4 no Parador de Cambados e estará presidida pola Alcaldesa de Cambados e a Presidenta da Deputacion de Pontevedra.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *