Cursos e charlas organizadas por Zona Centro nos meses de maio e xuño

O mates 29 de maio, ás 20:30 horas, no Salón de Actos do edificio Exposalnés, (Paseo da Calzada, s/n) terá lugar unha charla informativa baixo o título “Novas axudas contratación e autónomos”. Á finalización da mesma terá lugar unha mesa redonda, na cal se tratarán as necesidades do comercio local, e na que se lle poderán trasladar aos representantes da Administración Local presentes, aquelas necesidades que entendamos se precisa solucionar (aparcadoiros, iluminación, etc..).

Así mesmo, do 5 ao 28 de xuño, celebrarase un curso de “Escaparatismo e Decoración” a cargo da profesional do “visual merchandising”, Montse Oubiña. O curso contará cunha parte teórica e outra práctica, e será totalmente gratuíto, previa inscrición.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *