Cambados Zona Centro presentou hoxe o concurso de camisetas do Albariño 2017

Asociación Cambados Zona Centro presentou hoxe a 10ª Edición do “CONCURSO DE CAMISETAS DA FESTA DO ALBARIÑO”, que ten por finalidade fomenta-la creatividade e a participación das persoas e grupos asistentes a festa. O acto tivo lugar no salon de plenos do Concello de Cambados e contou coa presenza de directivos da asociación e o Concelleiro de Economía, don Xurxo Charlín.

 

  1. BASES DO CONCURSO

 

  1. PARTICIPANTES.

Poderán presentarse a este concurso tódolos grupos que o desexen, non existindo ningún importe de inscrición por presentarse ó concurso. A persoa que inscribe ó grupo, e que recollerá o premio no caso de ser gañadores, debe ter como mínimo 18 anos de idade.

 

  1. TEMÁTICA.

Liberdade nos temas (parodias típicas do albariño), sen que se poida ofender de ningunha forma a calquera persoa física ou xurídica.

 

  1. INSCRIPCIÓN NO CONCURSO.

Cada grupo de participantes deberán depositar:

    • A folla de inscrición cuberta.
    • 1 camiseta, para que o xurado poida facer a valoración pertinente.
  1. LUGAR DE ENTREGA E DATA DE PRESENTACIÓN.
    • O lugar de entrega da folla de inscrición e a camiseta é nas oficinas da Asociación, situadas na rúa Ourense nº 8 (antigos xulgados – fronte á Cafeteria Thelma) ,  en horario de 9:00 a 14:00 horas.
    • O último día para realizar a inscripción é o Venres 5 de agosto ate as 13:00 horas.

 

  1. XURADO.

O xurado estará composto pola socios e directivos da Asociación Cambados Zona Centro.

 

  1. PREMIOS.

Establécese os seguintes premios en vales compra :

1º PREMIO:                                               300,00 €

2º PREMIO:                                               200,00 €

3º PREMIO:                                               100,00 €

PREMIO “CIDADE EUROPEA DO VIÑO”:   100,00 €

 

  1. ENTREGA DE PREMIOS.

Este premio será entregado ó grupo gañador o sábado día 5 de agosto no Concello de Cambados as 12:30 horas, expoñendo ante os medios de comunicación as camisetas gañadoras do concurso.

 

  1. MÁIS INFORMACIÓN.

Oficinas da Asociación Cambados Zona Centro

Rúa Ourense nº 8 (antigos xulgados – fronte a Cafetería Thelma)

Horario: 9:00 a 14:00 horas.

Tlf.: (986) 52 09 02  (ext.: #742) e_mail: info@cambadoszonacentro.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *